viernes, 11 de abril de 2014

TALLER DE HORTICULTURA SOSTENIBLE

Ola a todos,

A Asociación de Pedagoxía Waldorf Coruña, organiza o fin de semana do 27 e 28 de abril de 2014, o obradoiro de HORTICULTURA SOSTIBLE: MONTANDO A HORTA DOMÉSTICA, dirixido a todos aqueles que  teñades curiosidade e queirades iniciarvos na práctica de posta en marcha dunha horta ecolóxica e biodinámica.



O curso-obradoiro será impartido por JOSÉ LUIS YELA, entomólogo e profesor titular de Zooloxía e Bioloxía da Conservación na Universidade de Castilla-La Mancha, e tamén hortelano entusiasta, cunha amplia experiencia e coñecementos no cultivo da terra.

Este curso ofrece a vivencia teórica e práctica da posta en marcha dunha horta, seguindo criterios ecolóxicos e biodinámicos:
1. Preparando o terreo: o desbroce e o laboreo co sacho
2. Preparación de surcos e bancais
3. Plantación de brinzales de especies de tempada
4. Posta a punto e sembrado en semilleiros
5. Consellos técnicos, preguntas e intercambio de opinións

As Datas: 26 e 27 de abril
O horario: Sábado, 10:00 a 20:00 h (De 14:00 a 16:00 h. Descanso para comida comunitaria)/ Domingo 10:00 a 14:00 h 
O Lugar:Lugar do Aguiúncho, 1. Lestón-Laracha (Paiosaco) (Podes consultar o mapa adxunto)
Importe do curso: 45 € (Socios 35 €)
*Prazas limitadas

Para máis información e reserva de praza podes poñerte en contacto no teléfono 625 118 138 (María), ou enviando unha mensaxe cos teus datos (Nome completo e DNI) a este mesmo número.

Saúdos dende, A Asociación de Pedagoxía Waldorf Coruña